Os sindicatos cifran nun 85% o seguimento da primeira folga de médicos en 25 anos
Publicado o 27/10/2020 15:15
No medio da pandemia, os médicos de toda España están chamados dende hoxe a unha folga indefinida para protestar pola situación da sanidade.
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos cifra nun 85% o seguimento desta folga, a primeira do sector en 25 anos.
Centos de médicos concentráronse diante do Congreso dos Deputados e nas principais cidades para esixir unha mellora das condicións laborais e a retirada do decreto que permite contratar profesionais sen especialidade.
Os sindicatos médicos critican que Salvador Illa se negue a recibilos.