CRTVG

Buscar

Os sindicatos anuncian mobilizacións na defensa das electrointensivas en Galicia

Publicado o 06/03/2020 15:11

Ata a porta da Delegación do Goberno en Galicia levaron hoxe os traballadores da industria electrointensiva galega, convocados por CCOO, a súa preocupación pola ameaza de perda de emprego no sector. Rematou o prazo de alegacións á proposta de estatuto presentada polo Ministerio de Transición ecolóxica e non hai resposta. 

Xoán Xosé Bouzas, CIG: "Hai un secretismo total neste momento no que se refire ao estatuto das electrointensivas. Sabemos que hai moitas alegacións presentadas, pero non sabemos cales se van incorporar e cales non".

Ante esta situación, as tres centrais sindicais convocan mobilizacións conxuntas para a próxima semana. 

Javier Carreiro, UXT: "Non queremos ser un deserto industrial. Queremos ser unha potencia industrial como fomos ata o de agora. Este estatuto revélanos o anuncio de peche das diferentes plantas e fábricas que temos hoxe en Galicia".

Os sindicatos insisten en que a solución pasa por protexer con medidas fiscais as grandes electrointensivas, como Alcoa ou Ferroatlántica, e por asegurar a estabilidade do prezo da enerxía que permita desenvolver os proxectos en marcha.

Noticias web

06/03/2020