CRTVG

Buscar

Os sevizos municipais ultiman os preparativos nos colexios electorais

Publicado o 09/11/2019 21:14

No pavillón municipal de Bertamiráns ultiman os preparativos para os comicios deste domingo. Comezaron a traballar o mércores protexendo a tarima de madeira. Logo dispuxeron as mesas e agora toca colocar as listaxes do censo no lugar correspondente.

"Dedicamos para as eleccións catro persoas dende o mércores e o venres ampliamos a seis. Hoxe estou eu e mañá estamos dúas persoas de garda por se falla a luz, a auga ou hai algún tipo de problema que poidamos solventar", explica Juan Manuel Calvo, encargado da brigada de Obras do Concello de Ames.

Tamén deben ocuparse de montar as cabinas e de distribuír as papeletas. A brigada de Obras do Concello de Ames tivo que preparar catorce colexios electorais, a maioría deles situados na contorna rural. Segundo datos da Delegación do Goberno, en toda Galicia habilitaranse 2.400 locais con máis de 3.900 mesas. Ademais, distribuiranse 26 millóns de papeletas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/11/2019