CRTVG

Buscar

Os servizos municipais reparan unha fochanca no paseo marítimo da Coruña

Publicado o 28/10/2019 14:42

Esta mañá, os operarios afanábanse na reparación do burato que chama a atención de todos.

Un fallo no pozo de augas pluviais está detrás deste incidente que moitos aproveitan para queixarse do estado en que se atopa a calzada.

E outras das queixas habituais son os raís do tranvía que hoxe en día están en desuso e que cualifican de perigosos.

Desta volt, non se rexistraron danos, pero si molestias aos condutores, xa que durante toda esta semana este treito do paseo marítimo coruñés, á altura do cemiterio de Santo Amaro, vai permanecer cortado ata que finalicen os traballos que solucionen este gran burato.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019