CRTVG

Buscar

As urxencias volven saturarse, moitos pacientes acoden con doenzas leves

Publicado o 19/05/2021 15:18

Os servizos de urxencias hospitalarias alertan deque volven estar saturados. Din que arredor da metade dos pacientes que entran por urxencias fano con doenzas que poderían ser atendidas en centros de atención primaria aos que non acoden pola demora que acumulan nas consultas.

Desde a Sociedade de Médicos de Familia aseguran que os centros de saúde están abertos e atendendo correctamente de xeito telefónico e presencial.

Deféndense asegurando que o feito de que haxa persoas que acoden a urxencias en lugar de ir ao centro de saúde é algo que xa sucedía antes da pandemia.


 

Noticias web

19/05/2021