Os 'serramourers' celebran a volta da serie
Publicado o 01/05/2020 17:11
Serramoura é unha das series con seguidores máis fieis. Tal é así que ata se recoñecen como serramourers. E dende que se anunciaron os novos capítulos, as redes sociais enchéronse con comentarios sobre a volta da serie máis agardada.
Co cancelo “volveserramoura” actores e seguidores celebraron a continuación dunha historia que reclamaban para levar mellor estes días de confinamento.
No capítulo deste domingo veremos como as relacións persoais e unha investigación aberta se cruzan perigosamente.