CRTVG

Buscar

A Revista

'Os segredos mellor gardados': O último telleiro

Publicado o 15/03/2018 13:11

por Carmiña Blanco

Coñecemos hoxe, Carmiña, un novo segredo, un oficio que xa non existe en Galicia, que creou unha cultura e fala propias.

O que imos ver é a cultura dun oficio que amais desenvolveu unha linguaxe secreta. Coñecemos a historia dun telleiro, a historia de Pepe Buraco, que aínda se emociona cando recorda a súa vida de traballar nas cabaqueiras , un oficio moi sacrificado, que dende moitos séculos atrás levaba rapaces á emigración e volvían feitos homes, e así cada mes de abril. A pesar dos traballos que pasou, ama a arte da tella e ofreceunos en exclusiva a narración desta fala secreta. A súa historia, agora o veremos, aínda está moi viva.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

15/03/2018