CRTVG

Buscar

Os segredos de 'Cousas da casa', o éxito dos martes na TVG

Publicado o 11/05/2021 15:40

A demanda crecente de organizadoras de domicilios, unha profesión moi feminizada, chegou ao noso país, sobre todo con esta pandemia. E á TVG chega cada martes á noite 'Cousas da casa', o programa que entra nas casas dos galegos para reorganizárllelas, para que gañen espazo, luz, comodidade, salubridade e benestar, tamén mental. Infiltrámonos co equipo do programa para saber como traballan.

“A miña especialidade son as casas, o que pasa dentro das casas. Dedícome a dar conferencias motivacionais a empresas. Amais teño un curso de formación e fago obradoiros. Son organizadora profesional e son a presentadora do programa 'Cousas da casa'" , di Vanesa Travieso , organizadora profesional.

“As nosas casas son os nosos refuxios. Por iso temos que estar moi moi cómodos neles”, conclúe Vanesa Travieso.

Cada martes, dende a casa, dende a Televisión de Galicia, o programa 'Cousas da casa' chega a máis casas, ás pantallas da Galega, infitrándose nunha casa nova para deixala como nova.

“Contactaron comigo mediante a Asociación Nais Solteiras por Elección. Eu quería arranxar o tema porque o piso xa nos queda un pouco pequeno. O resultado foi marabilloso. Pero o proceso foi duro”, explica ​Laura Benavente, nai dun neno e dun bebé

'Cousas da casa', dende esta primavera, triunfa as noites dos martes na TVG.

" Antes de irmos gravar facemos todos a proba de antíxenos, tanto os do programa, o equipo, como os protagonistas, os da casa. Amais, os do equipo gravamos con máscara”.

“A reacción das persoas cando ven o despois da súa casa é espectacular”, di Vanesa Travieso, presentadora.

 

Noticias web

11/05/2021