CRTVG

Buscar

Os segredos para aprender a gozar das matemáticas

Publicado o 21/10/2019 07:54

O mundo das matemáticas non sempre é doado para os máis pequenos, nin para moitos adultos. Por iso, unha emprendedora da Coruña decidiu facer máis doado ese camiño a través da creación de xogos de mesa. Os rapaces aprenden divertíndose, desenvolven a súa curiosidade e agudizan o enxeño.

Rapaces e matemáticas non sempre van da man, pero unha emprendedora da Coruña decidiu hai dous anos cambiar o conto. Púxose a crear xogos de mesa nos que se estimulan habilidades matemáticas, e a día de hoxe, nenos de entre oito e catorce anos aprenden divertíndose.

Algún destes rapaces pasou de non amosar un interese especial polo universo dos números a transmitirlles a outros nenos a paixón polas matemáticas. Os pais destes nenos acompañan en todo momento o progreso dos seus fillos.

A responsable desta iniciativa é Ana, unha emprendedora que decidiu deseñar e vender os seus propios xogos educativos indo máis alá do que había no mercado.

Con 21 xogos da súa creación, cuns setenta rapaces que acoden periodicamente ás actividades lúdicas que organiza e cun sistema que xa presentou en numerosos colexios, semella que as matemáticas poden, esta vez si, converterse nun xogo de nenos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019