CRTVG

Buscar

Uns 500 afeccionados reclaman na rúa dimisións no Deportivo

Publicado o 22/11/2019 21:20

Arredor de cincocentas persoas manifestáronse esta tarde diante da sede do Dépor, na Praza de Pontevedra, segundo datos da policía. Os afeccionados deportivistas entoaron berros contra o actual presidente, Paco Zas, o anterior, Tino Fernández, e o director deportivo, Carmelo del Pozo. A concentración para protestar pola mala marcha do equipo foi organizada pola Federación de Peñas e polos Riazor Blues, que leron cadanseu comunicado.

 Luis Martínez. presidente da Federación de peñas do R. C. Deportivo:"Facémolo para pedirmos a dimisión dos que consideramos son os máximos responsables do desastre, o consello de administración, con Paco Zas á cabeza, e o director deportivo, Carmelo del Pozo."

Milucho Iglesias, voceiro de Riazor Blues: "Imos directos cara Segunda B, o que propiciaría a desaparición do noso Dépor. Témolo claro. Non deixaremos que morra este sentimento e loitaremos por el ata o final. Esiximos o cesamento inmediato do consello de administración e da dirección deportiva en prol dun futuro digno para o Real Club Deportivo da Coruña. Depor ou morte".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/11/2019