CRTVG

Buscar

Os sanitarios piden que a xente citada participe nos cribados

Publicado o 26/01/2021 20:36

Sucédense os cribados por toda Galicia para evitar a transmisión da covid.

"Houbo algún que saíu e non o sabía. Eu teño unha amiga que saíu e non o sabía e dixo que se non fora polos test pois non o sabería".

Hai que buscar os asintomáticos. "A única forma de facelo e ir por eles dun xeito masivo, ben por PCR ou test de antíxenos", di Félix Rubial, xerente área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco.

"Cando estamos con familiares e amigos, cremos que estamos en confianza non nos vamos a contaxiar se non imos os cribados isto non o imos cambiar nunca". "No momento que neutralizamos a unha desas personas estamos desactivando unha bomba viral estamos impedindo que se transmita aos seus conviventes".

Piden responsabilidade a todos os citados. No último feito en Ourense faltaron á cita un de cada catro mozos.

"É que hai unha menor frecuentación en persoas novas. É algo que se repite en todos os cribados que facemos".

"Máis importante é participar, porque xa non só pola nosa saúde, senón porque creo que contribue á saúde de toda a cidadanía".

A proba é moi rápida, non doe, aínda que si molesta, pero proporciona unha informacion fundamental na loita contra a pandemia.

Noticias web

26/01/2021