Os sanitarios recordan que hai xente cada vez máis nova nas unidades de críticos
Publicado o 14/02/2021 22:25
Entrar nunha UCI en tempos de coronavirus é sinónimo de constancia, persistencia e traballo, moito traballo.
Aquí hai un total de 21 persoas ingresadas, enfermas todas elas, que loitan contra un virus que afecta de maneira grave a pacientes cada vez máis novos.
Pero neste día a día frenético, sempre hai motivos para a esperanza. E ao servizo desta esperanza están as medidas de seguridade que todos debemos pór en práctica para frear a expansión dun virus que aínda mantén ao límite as unidades de críticos de hospitais coma esta.