Os sanitarios detectan a cuarta parte dos casos de violencia machista en Galicia
Publicado o 08/05/2019 08:00
Máis do 15 por cento dos partes por lesións que elaboran os sanitarios galegos son por violencia machista.
Segundo un informe da Secretaría Xeral de Igualdade, estes profesionais detectaron o ano pasado en Galicia 1.450 casos, a maioría en Atención Primaria. Representan case a cuarta parte das denuncias por violencia machista que se tramitaron en 2018.
Segundo o informe, a maioría das denuncias foron por agresións físicas, pero tamén hai casos de violencia psicolóxica e sexual.