Os sanitarios denuncian a opacidade na nova selección dos MIR e que quedarán prazas sen cubrir
Arredor de 30.000 opositores á formación sanitaria especializada, medicos, farmacéuticos, enfermeiros ou psicólogos, deben elixir a súa praza a partir do 17 de xuño. Ata o de agora sempre se fixo a través dunha elección presencial ou semipresencial na que cadaquén podía variar a súa orde de preferencia por rigorosa orde de puntuación. Agora esa selección farase de maneira telemática. Os cambios decididos polo Ministerio de Sanidade introducirán, din os afectados, opacidade no sistema.
Pero, ademais, denuncian que o novo sistema vai deixar prazas sen cubrir. Sanidade xustifica o cambio pola normativa sanitaria, un argumento que rexeitan os afectados.
Os aspirantes a praza, apoiados por sindicatos e colexios médicos, mobilizaranse ante Sanidade para reclamar transparencia no proceso.