CRTVG

Buscar

Os sanitarios cren que a actual evolución da pandemia levará a un incremento de falecidos entre o máis novos

Publicado o 16/07/2021 15:34

As cifras volven arrepiar, pero xa non só preocupa o número de persoas contaxiadas, senón tamén a velocidade coa que se están a producir eses contaxios. O virus atopou nos máis novos o seu nicho natural para volver a propagarse.

A Xefa de Medicina Preventiva do CHUAC, María José Pereira mantén que "como temos máis casos entre xente nova, aumentará o número de pacientes hospitalizados en UCI en idades máis temperás"

Os médicos advirten: a covid segue a ser unha enfermidade, non unha anécdota que te deixa 10 días na casa estando ben.

Non mudou o risco de gravidade nos máis mozos, pero, a máis contaxios entre eles, máis xente nova con complicacións.

"Se seguimos con este incremento de casos, estamos convencidos de que se van producir situacións desgraciadas entre os máis novos", asegura María José Pereira.

Os sanitarios insisten en que a vacinación marcou un momento de inflexión na pandemia, pero lembran que as vacinas protexen pero non blindan contra a enfermidade, por iso piden que os mozos sexan especialmente cautelosos no cumprimento das medidas sanitarias.

Noticias web

16/07/2021