CRTVG

Buscar

Os sanitarios contarán cun novo procedemento para a detección temperá da violencia machista

Publicado o 01/12/2020 16:22

Os profesionais da sanidade galega van contar cun novo instrumento para a detección da violencia machista.

As consellerías de Sanidade e de Igualdade presentaron esta mañá un procedemento de cribado e actuacións para diagnosticar a violencia de xénero desde o sistema sanitario.

Este procedemento, que se implantará no 2021, quere aumentar a detección precoz, e mellorar a atención ás mulleres vítimas, nas consultas de atención primaria, nas de atención continuada, en urxencias e nos centros de orientación familiar.

Noticias web

01/12/2020