CRTVG

Buscar

Os sanitarios advirten da perigosidade das novas variantes da covid-19

Publicado o 23/02/2021 13:15

Nunha entrevista para a Galega, Javier García Vega, coordinador de Urxencias do Hospital de Pontevedra, lanzaba as seguintes advertencias con respecto as novas variantes da covid:

"Aínda estamos en cifras moi, moi preocupantes e non hai que baixar a garda. Empezamos a mellorar esta semana, pero as semanas pasadas, en concreto a última semana, foi moi crítica".

"Os últimos falecementos foron persoas novas. Estase vendo que probablemente as novas variantes son máis agresivas coas persoas novas e que están producindo unha maior contaxiosidade".

"A poboación ten que ter en conta que aínda non gañamos a batalla, que estamos empezando a intentar gañala e que temos que ter moi en conta as medidas de seguridade. Moito coidado cos desprazamentos, non facer desprazamentos para facer reunións porque nos pode levar a unha cuarta onda e coas novas cepas pode ser moi perigoso".

Noticias web

23/02/2021