CRTVG

Buscar

Os salóns de peiteados volven pedir a rebaixa do IVE e axudas ao sector

Publicado o 22/03/2021 16:57

Salóns de peiteado, barberías e salóns de estética volveron saír á rúa para esixir ao Goberno do Estado unha baixada do IVE. Din que máis do 21 por cento do sector xa tivo que pechar e agardan que este ano desaparecerán moitos máis negocios. Houbo protestas en toda Galicia.

O persoal de salóns de peiteados sae á rúa para reclamar a baixada do IVE ao 10 por cento. Afirman que son un sector que presta servizos esenciais e denuncian a situación dramática que atravesan por mor da crise sanitaria, que xa destruíu 52.000 empregos. Lamentan que o Goberno central non os incluíra no paquete de medidas a autónomos e din que, sen un plan de choque e o IVE reducido, o 50 por cento dos negocios terá que pechar. 

Noticias web

22/03/2021