Os salóns de peiteado, tamén afectados pola suba da luz, volven pedir a baixada do IVE
Publicado o 31/08/2021 15:19
Os salóns de peiteado e centros de estética están entre os máis prexudicados pola suba do recibo da luz, e din que non van quedar parados. Xa levaron a súa protesta ata o propio presidente do Goberno.
Protestan por esta situación crítica que veñen padecendo cun envío masivo de 2.500 cartas ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, en que lle reclaman a baixada do IVE do 21 % actual a un tipo reducido como se fixo co resto de sectores esenciais.
Din que desde que comezou a pandemia, os salóns de peiteado están traballando a pouco máis da metade da súa capacidade cunha caída da facturación próxima ao 40 %. O sector da imaxe persoal anuncia mobilizacións en toda España para este outono.