CRTVG

Buscar

Os salóns de peiteado inician unha campaña para recuperar o IVE reducido

Publicado o 28/06/2021 16:04

Os salóns de peiteado e estética inician esta semana unha campaña de protestas. A semana pasada o Senado aprobou, a iniciativa do Partido Popular, unha redución do IVE do 21 ao 10 por cento; pero a presidenta do Senado, a socialista Pilar Llop, tumbouna apenas dous días despois. 

O sector dos salóns de peitedado e estética está moi defraudado porque finalmente non saíra adiante a redución do IVE do 21 ao 10 %. Así, hoxe luns inician una campaña a nivel nacional chamada 'A rebelión das tesoiras rotas', con concentracións a nivel nacional e o vindeiro mércores ante o Congreso dos Deputados. Aquí en Galicia, plataformas e asociacións organizan unha manifestación a nivel galego que terá lugar en Santiago e para a que están concretando data.

A semana pasada o sector manifestaba a súa alegría tras coñecer a aprobación da emenda no Senado por todos os grupos políticos agás o PSOE. Pero esa alegría convertíase moi pronto en decepción, porque o Goberno anunciaba un veto e finalmente a presidenta do Senado, Pilar Llop, anulaba a votación do Senado e o texto xa non chegaba ao Congreso.

240.000 familias viven deste sector considerado esencial. Hoxe inician a campaña a nivel nacional de Rebelión das Tesoiras Rotas para amosar o seu rexeitamento ante a actuación do Goberno e para volver pedir outra vez esa ansiada redución do IVE do 21 ao 10 %.

Noticias web

28/06/2021