CRTVG

Buscar

Os salóns de peiteado e estética paran para reivindicar a baixada do IVE ao 10%

Publicado o 20/10/2020 14:26

Doce en punto da mañá e nesta barbería de Pontevedra a pouca actividade que hai paralízase por completo durante 15 minutos para reivindicar a baixada do IVE do 21 ao 10 por cento. A pandemia e os seus efectos colocan a supervivencia do sector dos salóns de peiteado e estética nunha posición de alerta vermella.

"O sector de salóns de peiteado e estética de media está nunha baixada do 50% de ingresos  mensales e corren o perigo de pechar nons proximos 6 meses", asegura Carlos Ponde, propietario dunha cadea de barberías.

A falta de eventos sociais, a situación económica xerada pola pandemia, e sobre todo o medo, condicionan e distancian as visitas aos salóns de peiteado.

Aqueles para os que manter a imaxe é unha necesidade que non pode esperar, pero que teñen medo, buscan o xeito de poder acceder a este servizo.

O sector segue as precaucións estritamente malia os custos engadidos para que clientes e profesionais poidan seguir mantendo un servizo que ambos consideran de primeira necesidade.

Noticias web

20/10/2020