CRTVG

Buscar

Os roubos en coches dispáranse na Coruña

Publicado o 05/10/2021 16:08

Cristais no chan tras do paso dos ladróns por distintas zonas da Coruña. Elviña, a avenida da Habana, O Ventrorrilo ou o barrio das Flores acumularon nas últimas horas un total de 32 denuncias por roubos en vehículos.

Os ladróns rompen as ventás para apoderarse de calquera obxecto que poida haber no interior do vehículo.

Os veciños piden máis vixilancia nas rúas.

Os datos falan por si mesmos. No primeiro semestre deste ano aumentou un 75 % a actividade delituosa en comparación co ano anterior, marcado pola pandemia.

Desde a Policia aconsellan non deixar obxectos á vista no interior dos vehículos porque na maior parte das ocasións é máis o dano que o valor do roubado.

Noticias web

05/10/2021