CRTVG

Buscar

Bos días

Os Rolling Stones reúnen máis de 40.000 persoas en Barcelona

Publicado o 28/09/2017 10:58

Non decae o ánimo rockeiro dos Rolling Stones, que despois de 50 anos sobre os escenarios volveron amosarse en plena forma no concerto que ofreceron esta noite pasada no Estadi Olimpic de Barcelona.
Xuntaron máis de 40.000 persoas, entusiasmadas pola forza diabólica do seu rock and roll. Houbo temas do seu último disco, pero sobre todo sentíronse os ecos dos clásicos da banda.

As súas 'satánicas maxestades', ardendo no escenario; repasando máis de cincuenta anos de música, que converteron os seus temas en clásicos do inferno do rock.

Aplacaron a golpe de batería e de guitarra o arreguizo do público que esperou paciente durante horas para acceder ao Estadi Olimpic. Máis de 40 mil persoas de tódalas idades e condicións que quería comprobar, unha vez máis, a forza dunha banda lehendaria e verse cara a cara cos deuses vivos do rock.

Foi un repertorio mítico, que comezou con Simpatía polo Demo e rematou con Satisfacción. Non foi nada máis ca rock and roll, nin nada menos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

28/09/2017