CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os robots humanoides mostran as súas habilidades nun congreso que se celebra en Madrid

Publicado o 19/11/2014 15:25





Falando de inventos, hai que ver o que se está presentando nun congreso de robótica que se está celebrando en Madrid. Hai robots que falan, que vixían a casa, e que mesmo axudan os nenos a facer rehabilitación. Por se algún xa estaba refregando as mans, calma. Din os expertos que aínda falta para que cociñen e limpen a casa. Pero chegará.


María repite o que lle din. Pero algúns dos seus compañeiros, coordinan os movementos de brazos e pernas e mesmo serven como axentes de vixilancia.

Máis complicada é outra función en que se está a traballar. Utilizalo na rehabilitación de nenos con lesións musculares.

Os nenos dirixense, tamén, outras actividades que se están a facer nas escolas.

Así e todo, algunhas cousas non cambian.

Quizais cando ela sexa maior xa existan os robots princesa.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí