Os robots galegos facilítannos as tarefas do fogar sen movernos do sofá
Publicado o 09/04/2018 21:54
Moitas veces, o tempo libre que temos destinámolo ao fogar. Tarefas como limpar os cristais ou cortar o céspede xa non nos suporán ningún esforzo grazas a unha empresa galega.
Pesa menos de 20 quilos, apenas supera o medio metro de lonxitude e non require de supervisión ningunha. É un robot cortacéspede totalmente autónomo e está feito por unha empresa 100% galega.Os robots que nos facilitan a vida son o futuro. Fan o traballo por nós, coma neste caso, limpiar cristais, un dos produtos que máis cabida ten no mercado.
Todos eles son manexables cunha aplicación no teléfono móbil. Porque o futuro está en que nós gocemos e eles traballen.