CRTVG

Buscar

Os riscos das piscinas para os nenos

Publicado o 27/05/2020 14:31

Bañarse na piscina é unha das maiores diversións para os nenos, pero non hai que subestimar os riscos. Un menor pode afogar en 30 segundos e en tan só 20 centímetros de auga. Son afogamentos silenciosos, por iso nunca debemos relaxar a vixilancia, incluso se o menor xa sabe nadar.

"As causas máis frecuentes dos accidentes neste tipo de instalacións son os xogos e zambullidas, a imprudencia", explica Simón Tenis, socorrista.

Sempre é mellor bañarse na compaña dun adulto, os máis pequenos usar material de protección coma chalecos flotador. Acceder á auga pasiño a pasiño. E moito ollo coas escaleiras ou bordos, que son moi esvaradíos.

"Descóidaste e pode ocorrer algo, por iso preferimos que aprendese a nadar". "Sempre estamos con eles e levan os manguitos ou o flotador, o que eles queiran". "Os pequenos, sempre con flotadores de brazo", din os pais.

Gozar destes espazos tendo en conta estas medidas básicas de seguridade pode evitarnos máis dun susto.

Noticias web

27/05/2020