CRTVG

Buscar

Os ríos na provincia de Ourense van ao límite da súa capacidade

Publicado o 01/02/2019 15:43

Así vai o Arnoia polo centro de Baños de Molgas. A auga corre por dentro e por fóra do leito. Rebordou xa onte e, segundo os propios veciños, mellorou nas últimas horas.

Non é o único punto onde o Arnoia se botou fóra. Se seguimos o seu curso, atopamos novos rebordamentos dun dos seus principais afluentes, o Tioira, e un pouco máis alá, no lugar de Arnuide, o Arnoia volve ameazar con botar por fóra.

E na Limia, os terreos da antiga Lagoa comezan a anegarse. No resto da provincia, os ríos van ao límite, pero mantéñense dentro do leito.

Noticias web

01/02/2019