CRTVG

Buscar

Os resultados da vacina de Pfizer nos nenos abre o debate sobre se é urxente vacinalos

Publicado o 21/09/2021 16:17

A vacina de Pfizer é tan segura en nenos de 5 a 11 anos como nos adultos. É a conclusión do estudo realizado a nivel mundial no que participa o hospital Clínico de Santiago. Polo momento non hai data concreta. Despois dos resultados favorables dos ensaios, falta o visto e prace da Axencia Europea do Medicamento. Os expertos cren que esa autorización podería chegar en poucas semanas.

Onde non coinciden os sanitarios é na urxencia de vacinar os menores de 12. Moitos médicos pensan que o prioritario segue sendo administrarlle a vacina a toda a poboación adulta en todas as partes do mundo.

Na rúa, a maioría de pais asegura que vacinaría os seus nenos cando as autoridades sanitarias o consideren preciso. Algúns pais van un paso máis alá e aseguran que estarían máis tranquilos se os seus fillos estivesen vacinados.

Os resultados dos estudos en acabados de nacer e menores de 5 anos coñeceranse en cuestión de meses.

 

Noticias web

21/09/2021