CRTVG

Buscar

Os resultados da busca de restos humanos nun pozo de Nocedo deron negativo

Publicado o 12/09/2018 21:29

Resultados negativos na procura de restos humanos nun pozo da localidade ourensá de Castrelo do Val, onde un veciño alertou da presenza de ósos no pozo dun dos seus terreos. O forense afirmou a última hora desta tarde que non se atopou nada sospeitoso e, polo momento, descarta facer máis traballos.

Desde onte á tarde neste lugar de Nocedo, no concello ourensán de Castrelo do Val, o forense Fernando Serrulla, axentes da policía científica e bombeiros do Parque de Verín-Monterrei tratan de de atopar ósos humanos, tal e como afirmou ver un veciño, propietario do pozo deste terreo agrícola de 4 metros de profundidade e 50 centímetros de diámetro.

Despois dos traballos realizados nestas dúas últimas xornadas, ao remate desta tarde o forense Serrulla, á fronte da Unidade de Antropoloxía Forense do IMELGA, confirmou ao concello que se chegara ao fondo do pozo e, ante a falla de probas de restos óseos, dáse por finalizada a pescuda ata novo aviso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018