CRTVG

Buscar

Os restaurantes reorganízanse para adaptarse á nova realidade tras a pandemia

Publicado o 06/05/2020 14:12

Mudan de imaxe para adaptarse á nova realidade. Nun restaurante de Lugo apostan por gañar máis espazo no comedor e sacrifican a barra. Potenciar a comida a domicilio é outro dos servizos que ofreceran cando reabran. Fórmulas que lles permitan manter en activo os 14 traballadores que compoñen o seu cadro de persoal.

Asi o explica o seu dono, Armando Méndez: "Si, animounos a tomar a decisión de quitar unha parte da barra o tema da COVID-19. Temos que adaptarnos aos tempos que veñen, o restaurante funciona ben, non eliminamos a barra, pero si a facemos máis pequena".

Noutro establecemento xa reorganizaron o comedor para cumprir coa distancia de seguridade interpersoal. Mentres apuntaronse tamen a comida a domicilio que servirán a través desta mampara. 

"Temos que volver a movelo local para cubrir gastos non nos queda outra, a ver como funciona, temos un pouco de medo nunca se sabe como pode funcionar", dixo Efrem Branca, dono do restaurante.

Ambos coinciden na necesidade de que se manteñan os ertes para evitar os despidos. "Para a supervivencia do sector é importante que se manteñan os Ertes". "Coa redución da afluencia é impensable reincorporar todos os traballadores, comeríannos os gastos".

Hai ilusión por reabrir pero tamén moitas dubidas e medos que esperan se vaian aclarando nos vindeiros dias.

 

Noticias web

06/05/2020