CRTVG

Buscar

Os restaurantes queren abrir ata as 21:30 e os bares ata as 20:00 horas

Publicado o 09/03/2021 15:28

Coa mellora da situación epidemiolóxica, a ampliación dos horarios da hostalería está sobre a mesa. A Xunta escoita as propostas do sector para avanzar na desescalada.

O presidente do Clúster do Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, explica que os restaurantes "onde é máis fácil controlar os aforos mediantes as reservas" queren abrir ata as 21:30 horas e os bares ata as 20:00 horas.

A partir deste venres é obrigatorio que todos os establecementos teñan visible o cartel coa ocupación e código QR para o rexistro de clientes.

Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, confirma que dous de cada tres locais xa fixeron a descarga e agarda que o próximo venres xa sexa xeneralizada. 

Con respecto á Semana Santa, o sector teno claro. Prefiren perder a semana antes de que se repita a situación que vivimos despois do Nadal e ter que volver pechar.

Noticias web

09/03/2021