CRTVG

Buscar

Os restaurantes galegos terán que dar os restos de comida en recipientes non plásticos

Publicado o 22/02/2019 21:47

Conta atrás para hostaleiros e clientes na loita contra a contaminación e o desperdicio. A Xunta prepara unha lei que, entre outras cuestións, obrigará os restaurantes galegos a entregarlles aos clientes as súas sobras de comidas e facelo en envases que non teñan plástico, preferiblemente reutilizables.

Mentres europeos e en todo o mundo, milleiros de persoas, aínda morren de fame cada ano; cada ano, de media en Europa, cada cidadán aínda tira ao lixo, 173 quilos de comida... Comida que alimenta a contaminación e o desperdicio alimentarios. Para frealo, ás recomendacións europeas, con vistas á chamada vertedura cero, adiantaranse as medidas galegas. Co visto e prace do anteproxecto no Consello, a Xunta en 2020 aplicará novas medidas da futura Lei de residuos. Os restaurantes estarán obrigados e entregarlles aos clientes os restos alimentarios, as sobras da comida que pediron e que lles serviron, pero que non remataron, que non consumiron.

"Os clientes temos todo o dereito ao decidir nos restaurantes, como moitas veces se leva dicindo maliciosamente: envólvesme os restos para o can que teño?. Pois claro, pero mesmo máis, o normal é dicir que nolas envolvan e nolas den e para comer logo nós, do xantar ben nos serven para logo cear nós".

"Imaxino que os restaurantes terán a obriga de ofrecerche os restos da comida, pero que se o cliente non os queremos, non teremos que levalos á forza, non?".

Xabier Míguez Nimo, xerente de restaurantes"Haberá clientes que por exemplo, teñan que coller un avión logo de comer e non queran levar con eles catro lentellas para logo telas que tirar no seguinte colector. Teremos clientes que queran levar as sobras e outros que non, así que a ver se a lei definitiva obriga a levar ou só a que ofrezamos".

Amais de evitar perdas económicas coas alimetarias, trátase de levar a reciclar e de evitar contaminar. A medida ten unha segunda parte, que os recipientes en que os restaurantes, bares, cafés e en xeral establecementos hostaleiros lle terán que entregar os restos aos clientes, non poderán ser de plástico e preferiblemente deberán de ser de materiais degradables e mellor reutilizables.

"É que nos consumen os plásticos, sáennos polas orellas. De feito, en nada imos ter microplásticos en todo, invadíndonos. Por iso vexo ben que digan que han de ser doutro material os envases para levar as sobras de comida. Non sei, serán de cartón, ou terán que buscar de qué, pero a medida me parece perfecta".

"Os clientes podemos xa coller o costume de levar connosco por exemplo un recipiente de vidro para gardar os restos da comida que nos sobre, se non se é que ese envase non de plástico xa o dá o restaurnate, pois a min non me importaría mesmo que mo cobrasen".

"Está claro que se che dan o envase, os restaurantes igual cho cobrarán, ben xa de xeral ou be xa especificado engadido na conta, pero se é así, a min paréceme ben, porque así entre todos contribuímos a reciclar".

Xabier Míguez Nimo, xerente de restaurantes: "Buscaremos unha alternativa ecolóxica e reutilizable para dar aos clientes. Nós levamos 33 anos no sector e sempre lle demos de balde eses envases aos clientes e así o seguiremos facendo, logo alá cada quen..."

"Con todo iso camiñaremos para deixarlles aos noso fillos e aos nosos netos un país mellor do que o atopamos·.

 

Noticias web

22/02/2019