Os restaurantes do Carballiño celebran a Festa do Polbo esta fin de semana
Publicado o 07/08/2020 21:52
A 'Festa do Pulpo' do Carballiño adáptase á nova realidade e este ano as racións de polbo cómense nas terrazas e nos restaurantes da vila. 46 establecementos hostaleiros incorporan o seu plato máis típico: o polbo á feira.
Unha festa gastronómica de sona mundial e que honra tamén o traballo das polbeiras do Carballiño, coñecidas polo seu xeito tradicional de preparar o polbo á feira. Esta fin de semana ás polbeiras instalaranse nas rúas da vila.
Xa saben, polbo vai haber no Carballiño. Unha festa declarada de Interese Turístico Nacional é a primeira vez en 58 anos que non se celebra coma sempre.