CRTVG

Buscar

Os restaurantes comezan a recuperar paseniño o ritmo das reservas

Publicado o 31/05/2020 15:19

Alessandro reabriu o seu restaurante de comida mediterránea o venres. Dirixe un local pequeno preto da praia de Riazor. As dez mesas iniciais quedaron en catro para respectar o 40% da capacidade permitida nesta fase 2. 

Para hoxe ten as dúas quendas do xantar completas, pero nota a ausencia dun grupo concreto dos seus clientes habituais, o das persoas maiores. Trata de compensalo co servizo de comida a domicilio ou de recollida no propio local.

Están máis satisfeitos coa reapertura neste restaurante italiano, situado a poucos metros da praza de María Pita. A terraza funciona ben desde o primeiro día.

Son veciños de negocio de Fernando, que serve comida tropical nun restaurante máis pequeno, que tamén é coctelería. Percibe que a xente aínda ten algo de medo de ocupar as mesas interiores. 

Todos fixeron un esforzo importante por adaptarse ás novas esixencias. Agardan que o verán despexe máis o horizonte.

Noticias web

31/05/2020