CRTVG

Buscar

Os restaurantes adiantan as ceas ás oito da tarde para adaptarse ás restricións nocturnas

Publicado o 27/10/2020 14:39

Horarios europeos para adaptármonos ás restricións nocturnas. A hostalería busca alternativas.

Hai restaurantes que xa ampliaron o seu horario e facilitan as ceas a partir das 8 da tarde.

Ademais do apoio dos clientes, a campaña tamén esta atopando resposta noutros sectores económicos. Algúns comerciantes tamén van adiantar os horiarios de peche.

Apoio á hostalería e beneficios para a saúde. Cear unha ou dúas horas antes do que vimos facendo é un dos consellos máis repetidos polos nutricionistas.

Noticias web

27/10/2020