CRTVG

Buscar

Os resineiros coidan e engaden valor ao monte

Publicado o 10/06/2019 14:55

A Asociación de Resineiros galegos está a recuperar unha actividade que engade valor aos montes de piñeiros, a recolleita de resina, que se usa para cosméticos, perfumes e pintura. Este ano esperan recoller 130.00 quilos, que venden a 1,07 euros o quilo. 

Cada piñeiro produce entre dous e medio ou tres quilos e medio de resina ao ano. Neste monte de Pantón, Lugo, traballan tres persoas que esperan ganar 30.000 euros coa colleita anual. En toda Galicia hai 15 resineiros que prevén obter 130.000 quilos, xa apalabrados cunha empresa de Salamanca, onde se procesa para ober, entre outros produtos, a trementina.

"Despois de Castela distribúese por toda España e mesmo no mercado internacional, sobre todo a trementina, que é o mais valorado, a augarrás natural", di o resinero Francisco Domínguez.

Os derivados da resina substitúen o petróleo na elaboración de cosméticos, pinturas e ceras agroalimentarias.

A actividade engade valor ao monte, que está máis vixiado que se só se ocupan del os madeireiros.

"Acórdanse del cada trinta anos, ou cada vinte no caso do eucalipto. Esta é outra maneira de aproveitar o monte, nós defendemos esa parte de pisar o monte todos os días", explica Domínguez

Deste xeito os resineiros convértense en vixilantes, e ademais rozan e manteñen limpas as zonas onde traballan, o que axuda a previr incendios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/06/2019