Os residuos plásticos recollidos no mar poderán ser reciclados grazas á impresión 3D
Cada ano aparecen nos nosos mares arredor de 12 millóns de plásticos. Durante séculos moitos destes residuos permanecen intactos e outros acaban converténdose en microplásticos que chegan ao noso organismo. E anque a reciclaxe é cada vez maior, aínda son precisas máis solucións a nivel medioambiental. Nese eido, a Universidade de Vigo forma parte dun proxecto internacional bautizado co nome de CircularSeas.
Eses plásticos non teñen que chegar expresamente do mar, tamén dos peiraos, das empresas e mesmo da naútica. Os que non poden ser reutilizados, poden ter unha nova vida. Deste xeito non introducimos máis residuos no mar e fomentamos a economía circular.
Porque neste proxecto participan varios países europeos da franxa atlántica. Cada quen achegando as súas ideas e a súa tecnoloxía. O traballo durará tres anos. O último permitirá levar á práctica estas probas, que en Vigo consistirán no mantemento e substitución de pezas a bordo por materiais reciclados e biodegradables a través da impresión 3D.