CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Os residentes na Arxentina tamén celebran o Nadal con produtos galegos

Publicado o 24/12/2015 21:30




As familias dos galegos da diáspora tamén se preparan para vivir o Nadal. Estivemos cun estradense que vive en Bos Aires e que é o encargado de poñerlles o toque da terra a estas festas para centos de galegos.

Nestas mesas do Restaurante Tui e Salceda de Bos Aires máis de 200 persoas desfrutarán dunha Noiteboa con esencia galega.

Aínda que o Nadal coincide na Arxentina co verán austral, as altas temperaturas non impiden que a colectividade galega do país se dé un capricho e consiga algúns dos doces, bebidas e produtos típicos de Galicia.

Mauel Riveira, propietario deo Restaurante Tui e Salceda: "É caro pero conséguese. Hai importadores que teñen bo bacallao, bo polvo e bos pescados".

Como di este estradense residente en Bos Aires, non é algo apto para todos os bolsillos xa que, por exemplo, unha ración de polvo ronda os 50 euros.

Manuel é o encargado de coidar que a cea de Noiteboa transporte a ducias de persoas a Galicia a través da gastronomía.
Nela non faltará un bo cocido con grelos, bacallao ou empanada, aínda que sen esquecer os asados, matambres ou picadas típicas do nadal arxentino.

Manuel Riveira, Propietario do Restaurante Tui e Salceda: "Hai que darlles a típica de acá. Unha milanesa con papas fritas, uns raviolis, cousas que os rapaces de acá comen".

Todo iso acompañado con viño albariño, licores e sen esquecer, por suposto, unha sobremesa ben doce.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

24/12/2015