CRTVG

Buscar

Bos días

Os residentes galegos na Arxentina e os seus descendentes, os mellores embaixadores da nosa comunidade

Publicado o 09/03/2016 09:48

E os galegos residentes na Arxentina e os seus descendentes son os mellores embaixadores para a nosa comunidade alén do mar. Eles manteñen as catro provincias galegas vivas en Bos Aires tamén a través das súas empresas e negocios familiares, que a modo de homenaxe, levan o nome das súas vilas natais.

Chega con percorrer un par de rúas de Bos Aires para darse de conta de que a impronta da emigración galega segue a pervivir na cidade tamén no nome de multitude de establecementos comerciais que levan a toponimia da nosa comunidade por toda a Arxentina.

O avó de Mariela quixo deixar a pegada da súa querida Vedra na emblemática avenida de Maio de Bos Aires, onde fundou un hotel que hoxe pervive.

Moitos facíano por sentirse un pouco máis preto da casa, outros por captar á clientela dunha das colectividades máis representativas da capital riopratense.

A outros, coma José Luis, a avoa ourensá dun amigo marcoulle a infancia de tal xeito que quedou prendado da nosa comunidade sen pisala nunca.

A través dos bares, almacéns, ou dos máis variados comercios, Galicia segue presente en Bos Aires.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

09/03/2016