CRTVG

Buscar

Os repelentes dos mosquitos, os grandes aliados cada verán

Publicado o 17/07/2017 13:59

En spray, en crema... ou na súa versión máis infantil: as pulseiras que locen os cativos sobre todo nos campamentos de verán

Chega a calor... e os temidos mosquitos aparecen. Para quen sofre as picaduras verán tras verán, saiban que no mercado existen diferentes repelentes que nos poden axudar a facer máis levadeira esta molestia. En spray, en crema... ou na sua versión máis infantil: as pulseiras que locen os cativos sobre todo nos campamentos de verán.

Os repelentes que podemos atopar no mercado conteñen substancias que afastan os moquitos. Os sprays conteñen produtos químicos sobre todo a base de citronela, un compoñente que tamén teñen as pulseiras.

Que repelente escoller depende de diferentes factores e o espazo onde se pretenda utilizar. Protexerse con roupa, malia a calor, é a opción con máis garantías para evitar as picaduras. E se pican , no mercado existe tamén unha ampla gama de produtos eficaces para quitar o prurito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2017