Os reitores non descartan atrasar a ABAU
Publicado o 05/04/2021 20:49
Os reitores non descartan atrasar tamén este ano as probas da ABAU, a que antes era a selectividade. O presidente da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas dixo que dependerá da incidencia da covid. Os exames da ABAU, en principio, está previsto celebralos no mes de xuño.