CRTVG

Buscar

Os reis xa están en Cuba para celebrar o 500 aniversario da fundación da Habana

Publicado o 12/11/2019 16:20

Esta madrugada empezou a que se cualificou xa como unha visita de Estado histórica. Nin nos 400 anos nos que foi colonia española, nin nos máis de cen que a República de Cuba leva xa como estado independente, ningún monarca español viaxara á illa.

Durante o reinado de Xoán Carlos I foi un asunto que estivo permanente pendente de entrar na axenda oficial, pero nunca chegou a concretarse.

A celebración do 500 aniversario da fundación da cidade da Habana puxo por fin un marco ineludible para a viaxe real, pero a histórica visita que comezou esta noite no aeroporto Jose Martí non vai quedar á marxe da polémica.

Xa se criticou que os reis vaian manter contacto só cos mandatarios cubanos e non cos disidentes do réxime. Ademais, Felipe e Letizia regresarán dentro de tres días, xusto antes de que empecen os actos centrais do quinto centenario.

A diplomacia española di que se fixo así para darlle máis visibilidade á visita e tamén para evitar a coincidencia con outros mandatarios incómodos desde o punto de vista diplomático como Nicolás Maduro, Daniel Ortega ou Vladimir Putin.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/11/2019