CRTVG

Buscar

Os reis visitan o mosteiro de San Juan de la Peña, en Aragón

Publicado o 08/07/2020 12:37
Os reis visitan o mosteiro de San Juan de la Peña, en Aragón

Os reis visitaron este mércores o mosteiro de San Juan de la Peña, o panteón en que repousan os restos dos primeiros monarcas de Aragón. Esta visita abriu a axenda de Felipe VI e dona Letizia nesta comunidade autónoma. Recibiunos o presidente de Aragón, Javier Lambán, e saudaron o resto de autoridades presentes antes de acceder ao interior.

Os reis tamén estiveron acompañados polo ministro de Cultura e Deportes, José Manuel Rodríguez Uribes, para a inauguración dun novo espazo expositivo dedicado ao conde de Aranda. Don Filipe e dona Letizia desprazaranse agora a Jaca, para percorrer o centro histórico, visitar a catedral e reunirse con representantes do sector turístico de Aragón.