CRTVG

Buscar

Os Reis visitan Mallorca, onde seguen buscando o neno desaparecido

Publicado o 12/10/2018 15:10

Un amplo dispositivo de rescate formado por membros da Unidade Militar de Emerxencias, Policía e Protección Civil, coordinados pola Garda Civil, buscan incansablemente na zona de Son Carrió, onde onte á noite aparecían a mochila e a chaqueta que xa recoñeceu a familia do neno de oito anos desaparecido. Tódalas mans son poucas para o moito que hai que desentullar. Na busca participan os cans de rastrexo coas unidades de montaña e as unidades subacuáticas.

O tempo xoga en contra. Por iso non se parou de buscar o neno, oficialmente o único desaparecido, nin de noite. A intención é peitear hoxe toda a zona ata a desembocadura do mar en S'Illot. Aí foi onde apareceu a súa nai morta, tras conseguir poñer a salvo outra filla. Ata o momento confirmáronse 12 vítimas mortais polas trombas de auga do martes, sete homes e cinco mulleres. Seis deles estranxeiros.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018