CRTVG

Buscar

Os reis reúnense na Zarzuela con oito mozos para coñecer a súa visión do futuro

Publicado o 28/05/2020 21:18

A progresiva volta á normalidade nótase tamén no Palacio da Zarzuela. Despois de varias semanas de reunións telemáticas con diversos colectivos, os reis compartiron hoxe tertulia presencial con 8 mozos ligados aos campos da investigación, a tecnoloxía e a acción social.

Filipe VI e a raíña Letizia animáronos a poñer a súa enerxía a disposición da nova etapa que se albisca tras a fin da pandemia.

"Estamos en plena batalla contra o virus e intentando recuperar unha vida o máis normal posible. Tamén temos que mirar cara adiante, non só temos que recuperarnos, poñernos outra vez en pé e non perder a esperanza", dixo Filipe VI.

Noticias web

28/05/2020