CRTVG

Buscar

Os reis reciben con honras a Rebelo de Sousa, o presidente de Portugal

Publicado o 16/04/2018 14:44

O presidente de Portugal iniciou unha visita de Estado de tres días a España.Marcelo Rebelo de Sousa foi recibido polos reis no Palacio Real con salvas de honor e desfile militar. É a primeira visita de Estado dun mandatario europeo no reinado de Filipe VI, pero os dous xefes de Estado manteñen encontros frecuentes dada a estreita relación entre os países. O presidente portugués tamén recibiu a chave de ouro de Madrid da man da súa alcaldesa. Rebelo de Sousa vaise reunir con Rajoy e intervirá ante o Congreso dos Deputados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/04/2018