CRTVG

Buscar

Os reis presidiron no Prado a presentación da campaña internacional Spain For Sure

Publicado o 18/06/2020 20:53

Os reis presidiron a presentación da campaña internacional Spain For Sure, destinada a proxectar a imaxe de España no estranxeiro. Don Filipe e dona Letizia pecharon o acto celebrado no Museo do Prado, coa participación dos ministros de Exteriores, Cultura e Turismo e representantes das organizacións empresariais.

Esta campaña é unha iniciativa do Foro de Marcas Renomeadas Españolas, en que participan 140 empresas que supoñen o 35% do PIB de España. O foro aposta pola colaboración público-privada para potenciar España como destino turístico e impulsar a súa recuperación económica.

Noticias web

18/06/2020