Os reis presiden o concerto no XX aniversario da Fundación de Vítimas do Terrorismo
Publicado o 10/03/2021 21:53
Os reis presidiron esta noite o concerto anual en homenaxe ás vítimas do terrorismo. Foi un concerto extraordinario polos 20 anos da Fundación que representa as vítimas. Á fronte da Orquestra Sinfónica de Radio Televisión Española estivo o mestre Federico Jusid, que compuxo unha cantata para a ocasión.
O concerto suspendérase o ano pasado pola pandemia, e este ano tivo un público reducido, entre o que estiveron representantes do Goberno central.