CRTVG

Buscar

Os Reis presiden o 175 aniversario da Garda Civil

Publicado o 13/05/2019 15:46

A Garda Civil celebra hoxe o 175 aniversario da súa fundación. O Palacio Real acolleu o acto solemne desta celebración, presidida polos Reis, en que participaron un milleiro de membros das diferentes unidades do corpo.

En presenza do presidente en funcións e de representantes das principais institucións do Estado, no desfile participaron integrantes dos Tedax, de Tráfico e do escuadrón de Cabalería, entre outros.

No acto castrense tamén se rendeu homenaxe aos gardas civís falecidos en acto de servizo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019