CRTVG

Buscar

Os reis parten cara a Cuba nunha visita histórica

Publicado o 11/11/2019 20:15

Neste contexto de provisionalidade política, os reis de España iniciaron hoxe a histórica viaxe de Estado a Cuba, para participar no quinto centenario da fundación da Habana. Con esta visita de don Filipe e dona Letizia refórzanse as relacións fraternais de España co pobo cubano.

Esta será a primeira viaxe de Estado dun rei español dende a independencia do país caribeño en 1898. As relación entre a Coroa e a illa foron sempre constantes. A infanta Eulalia de Borbón, filla de Isabel II, visitou Cuba en 1893, e os propios don Xoán Carlos e dona Sofía visitaron a illa con motivo do Cumio Iberoamericano hai vinte anos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019